Diario de aprendizaxe
Imos iniciar un proxecto moi especial: a creación dun montaxe de vídeo colaborativo no que cada alumno e alumna achegará a súa propia imaxe e deseño a través de Canva. Con esta actividade aprenderemos a crear, compartir e respectar o traballo dos demais, construíndo entre todos e todas un produto final no que o máis importante será a participación e o traballo en equipo. Durante o proceso, cada neno e nena irá escribindo no seu diario de aprendizaxe os pasos que vai dando , o que vai descubrindo e como se vai sentindo mentres crea a súa parte do proxecto. Ao finalizar, tamén fará unha valoración persoal sobre a experiencia.